miércoles, 29 de agosto de 2007

O venres 31 tes unha cita no Parque novo



Deixa todo o que teñas que facer e vente ó venres 31 ó parque novo a partir das 17:30 da tarde.O equipo que tes que facer pode ser de 3 ou 4 xogadores e pode ser mixto. As categorías para participar van a ser infantil, cadete e senior. Para inscribirte só tes que ir ó ximnasio municipal de 19 a 22 h e recoller a túa folla de inscripción. É totalmente gratuíto así que non hai desculpa para que non vaias.

miércoles, 22 de agosto de 2007

De visita a Penafiel, Portugal

Mañá Xoves parte unha delegación do concelllo de Vila de Cruces cara Penafiel, Portugal en reposta a invitación feita por este concello.


Ver mapa máis grande

viernes, 10 de agosto de 2007

Festas da Piedade 2007

Ahi vai a programación das festas da Piedade 2007, Vila de Cruces.
Hoxe Venres 10 ás 18 hs Festa do neno, ás 23 hs Xuntanza de peñas,10º aniversario da Tropa Asalto a barra, con rap en directo, pinchadiscos ,con 4 artistas locais e 2 comarcais.
Mañá Sábado 11
Sesión Vermú coa Banda Artística de Merza
18hs. II Rali de Carretillas "Coidao que volcas" e verbena a cargo de TONY Y LOS ARQUINOS e GRUPO MIMO.
Xa o Domingo 12
Sesión Vermú coa Banda de Ponteledesma
Pasarruas Tropeiro de tarde coa Charanga Os Atrevidos
Verbena coas orquestras PHILADELPHIA e ORQUESTA DA TELEVISIÓN
O Luns 13
Sesión Vermú coa Banda Xuvenil de Barro
Pasarruas Tropeiro de tarde con ODAIKO PERCUSSION GROUP e verbena coas orquestras: CINEMA e COSTA OESTE.
E o Martes 14 festa todo o día na Area recreativa da Carixa.

jueves, 9 de agosto de 2007

Aerobic nas Cruces


Todos os martes e xoves deste mes de agosto non te perdas as clases de aerobic na praza do concello. Son organizadas pola Asociación de Comerciantes de Vila de Cruces. A hora da cita é as 21:30 os dous días cunha hora de duración.
E os xoves ao finalizar a clase sortearase un agasallo entre os asistentes.
A encargada de de impartes as clases é Sonia(Buxaina).

miércoles, 8 de agosto de 2007

Noite de monólogos


Hoxe tes unha cita coa risa no auditorio municipal "Xose Casal",as 22:00,Certamen de monólogos de humor.

Actuarán Lupe, o seu fillo Iván, Sergio Mella, Diego Castro e David Puga.

Xa sabes se queres pasar un rato divertido non perdas esta cita.

martes, 7 de agosto de 2007

Cinema de noite



O Concello de Vila de Cruces presenta cinena de noite. Hoxe na praza do concello as 22:00 horas poderase ver a película "Pérez, o ratiño dos teus ollos". É apta para todos os públicos.
Achegate ata a praza do concello!!!

viernes, 3 de agosto de 2007

Festa da Bicicleta


O vindeiro 5 de agosto vai a celebrarse a II Festa da Bicicleta no Concello de Vila de Cruces. Todo aquel que queira festexar este día fárase un percorrido entre Cruces e a area recreativa da Carixa, Merza. Lugar da saída Praza do Concello, e a hora as 17:30.
Non te olvides da bici!!!

miércoles, 1 de agosto de 2007

Clases de Canto


O tenor Cesareo Torres, imparte todos os mércores clases de canto de 16:00 a 20:00 horas. Lugar , o Auditorio Municipal Xosé Casal.
Se che gusta cantar e queres aprender como facelo aquí tes unha grande oportunidade, non a deixes pasar!!!!!
Para máis información na seguinte dirección de correo electrónico cesareotorres@mixmail.com ou ben chamando ao número de teléfono 986.586.207