jueves, 28 de junio de 2007

8ª Forxa Literaria (encontros culturais no rural)


Os vindeiros días 7, 8, 13, 14 e 15 de xullo de 2007 na Fundación Casa Museo
"A Solaina " de Piloño na lembranza de Antonio Taboada Ferradás "Wily".

miércoles, 27 de junio de 2007

Biblioteca Municipal "Neira Vilas" cambia de horario


No vindeiro mes de Xullo a biblioteca cambia o seu horario para as mañáns.

III CURSO NACIONAL DE FAGOT


Do 3 ó 7 de Xullo celébrase no Auditorio Municipal "Xosé Casal", Vila de Cruces o III Curso Nacional de Fagot.
O curso está orientado a fagotistas de tódolos niveis e contará con 12 prazas sen límite de prazas para os oíntes.
O horario será de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 agás o día 3 que comezará ás 17:00.
O curso contará cun pianista acompañante a partir do día 5.
Cada alumno terá como mínimo duas clases individuais e a preparación das obras co pianista e para o concerto de clausura.
O concerto de clausura e entrega de diplomas realizaranse o día 7 de xullo ás 20:00 horas no Auditorio Guzmán de Merza.
Marícula
Alumnos activos: 160€, alumnos oíntes 60€
Para matrícula e máis información:
Escola de Música Municipal de Vila de Cruces
Praza Juan CarlosI, S/n
C.P. 36590 Vila de Cruces
Pontevedra-España
Fax:986.582.492
Teléfonos: 678.432.645- 676.579.664
e-Mail:escolademusicaviladecruces@yahoo.es

Curso de natación


Durante os meses de Xullo e Agosto van a ter lugar na piscina pública.Aquí podes ver os horarios:
DE MARTES A VENRES:
DE 10:45 A 11:30 PERFECCIÓN II
DE 11:30 A 12:15 PERFECCIÓN I
DE 12:30 A 13:15 INICIACIÓN
DE 15:00 A 15:45 ADULTOS
DE MARTES A XOVES
DE 20:00 A 21:00 ADULTOS
E o día 2 de Xullo "Xornada de Xogos Acuáticos", de 12:00 a 13:00 horas.-
Para máis información e inscripcións:
No Ximnasio Municipal de 19:00 a 20:00,
Na piscina Municipal de 16:00 a 20:00,
ou nos teléfonos 605.811.994-605.811.908

martes, 26 de junio de 2007

Curso de pintura


O concelllo de Vila de Cruces e máis a Fundación " A Solaina " de Piloño organizan un curso de pintura para nenos a partir de 8 anos que conta cos seguintes obxectivos:
Búsqueda de novos valores dentro do noso Concello.
Iniciar ós xóvenes na creación plástica.
Incentivar a creatividade.
Pontenciar as actividades socioculturarais.
Buscar unha nova ocupación para o tempo de lecer dos rapaces durante o verán.
O encargado de impartir o curso o pintor e escultor Paco Lareo.
O curso impartirase dende o 7 de xullo ata o 8 de setembro de 2007 , cunha duración de hora e media os sábados pola mañá de 11 a 12:30 horas.
O lugar onde se imparte será na Fundación "A Solaina" de Piloño.
O prezo de inscripción será de 15€.
Os traballos realizados polos alumnos durante o curso serán expostos na Sala de Exposicións Paco Lareo do Auditorio Municipal Xosé Casal de Vila de Cruces.
INFORMACIÓN: Oficina Municipal de Información Xuvenil Tel.986.582.017